OH - PERA !
... en OH-PERA, non existe estabilidade, senon andar en equilibrio...
​
Contamos historias desde a imaxe, descubrimos novos espazos e vemos come se transforman os vellos...
. igual que na vida,
en OH-PERA nada segue igual...todo cambia consantemente...por fora e por dentro...
Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades.
Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes.
​
Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.
DURACIÓN:
50 minutos
Técnicas de circo:
dúo acrobático (portes), acrobacia aérea (corda), slapstick e malabares
Se queres ver máis...